Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A BIBLIOTECA ACOLLERÁ O VINDEIRO LUNS A PRESENTACIÓN DO LIBRO "EL HOGAR DE ENMA", DE ALBA SANTIAGO
A concelleira de Bibliotecas, Olga Ameneiro, animou á cidadanía a acudir á cita, que dará comezo ás 19.30 horas
Narón, 28 de xullo de 2023. A concelleira de Bibliotecas, Olga Ameneiro, anunciou a presentación, o vindeiro luns día 31, do libro “El hogar de Enma”, da escritora Alba Santiago. A cita terá lugar na sala multiusos da planta soto da Biblioteca ás 19.30 horas e está aberta á asistencia da cidadanía en xeral, ata completar a capacidade dispoñible. “El hogar de Enma” é un conto que a autora decidiu escribir debido á súa preocupación polo repunte de casos de violencia homófoba que se vén dando nos últimos anos. A través da historia de Enma e Sofía a escritora pretende que os nenos e nenas vexan o amor coma un sentimento tan forte que é quen de superar todos os medos. O conto, avanzou Alba Santiago, está orientado a nenos e nenas a partir de 8 anos. A concelleira de Bibliotecas animou ás veciñas e veciños de Narón a acudir a este acto, co fin de coñecer de primeira man este traballo da autora.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal