Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A XOVE BANDA DE NARÓN, DA AGRUPACIÓN CULTURAL MUSICAL SEMENTEIRA, ACTUOU NO AUDITORIO DE LLOMBAY
Os músicos da banda local representaron á cidade coa actuación que se levou á cabo en Valencia
Narón, 31 de xullo de 2023. A Xove Banda de Narón, da Agrupación Cultural Musical Sementeira, participou este sábado –ás 20.00 horas- nun concerto conxunto coa Banda de Llombay no auditorio do citado municipio valenciano. A banda local actuou coa Banda de Llombay, coa que interpretaron os himnos de Llombay e o galego, a petición dos valencianos. O presidente da banda naronesa recordou que xa estiveron alí no ano 2019 e avanzou que os músicos da Banda de Llombay, a máis antiga de España segundo un documento localizado recientemente, estará en Narón o vindeiro ano. O presidente de Sementeira, Francisco Lois Ramos, asegurou que “é unha experiencia fantástica porque a tradición bandística de Valencia é enorme, cuns músicos espectaculares”. Os integrantes da Xove Banda de Narón, dirixidos por Francisco San Ramón, proceden maioritariamente da Escola de Música de Sementeira ou da Banda Infantil, pasando á Banda unha vez que acadan a idade ou o nivel necesario. Un total de 24 músicos foron os que se desprazaron a Valencia a pasada fin de semana para participar no citado evento. Os representantes de Sementeira entregaron aos seus homónimos valencianos un agasallo institucional do Concello de Narón.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal