Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ASOCIACIÓN CHAMORRO ULTIMA O MATERIAL ENCARGADO POLO CONCELLO PARA A SINALIZACIÓN DAS "21 LEGUAS, OS 101 QUILÓMETROS DE NARÓN"
O concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, felicitou ás usuarias e usuarios da entidade polo traballo realizado
Narón, 31 de xullo de 2023. O concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, desprazouse esta mañá ás instalacións da Asociación Nuestra Señora de Chamorro, na parroquia do Val, para ver o avance dos traballos do material de sinalización que usuarias e usuarios da entidade naronesa realizan de novo este ano para as “21 Leguas, os 101 quilómetros de Narón”, que se celebrará o vindeiro 30 de setembro. Santalla estivo acompañado na visita por Pedro Caro, vogal do Club deportivo 21Leguas, a xerente de Chamorro, Rocío Coira, e o presidente e vicepresidente, Juan Manuel Victoria e José Luis González, respectivamente. Todos eles percorreron os diferentes departamentos nos que se realizan as 500 sinais, 1.000 medallas, 500 bandeiríns e as 900 bolsas que se entregarán aos participantes nesta proba deportiva, organizada polo Concello e o Club deportivo 21 Leguas. Na súa visita tamén se reuniron con usuarias e usuarios da asociación –que hoxe celebraban unha festa holi previa ao inicio das vacacións no centro, que pechará no mes de agosto- que lles explicaron como realizaron o traballo. Santalla felicitou á entidade polo traballo que están realizando para que todo estea listo de cara á celebración deste evento, que na súa segunda edición logrou xa acadar un destacado papel no calendario deportivo da cidade e tamén a nivel nacional. “É un pracer un ano máis contar coa vosa colaboración e implicación neste evento tan importante para a nosa cidade e que grazas a todas e todos vós será moito máis especial para este concello”, destacou o edil de Deportes.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal