Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO INICIOU ESTA SEMANA OS TRABALLOS DE LIMPEZA HIDRÁULICA DUN TRAMO DO RÍO FREIXEIRO
O edil de Servizos e Medio Ambiente, Manuel Ramos, explicou que os traballos se acometen entre a avenida Miguel de Cervantes e a estrada de Castela
Narón, 30 de agosto de 2023. O Concello iniciou esta semana os traballos correspondentes á limpeza e recuperación hidráulica do leito do río Freixeiro, unha actuación que acomete un equipo de operarios no tramo comprendido entre a rúa Miguel de Cervantes e a estrada de Castela, na zona urbana. O concelleiro de Servizos e Medio Ambiente, Manuel Ramos, explicou que a actuación se acomete agora “aproveitando que o cauce do río se atopa no nivel máis baixo do ano, o que permite unha mellor execución dos mesmos”. O Consistorio destina preto de 40.000 euros a esta intervención, cun prazo de execución de tres meses. Os traballos consisten na roza manual da caixa que rodea o leito, a cargo de operarios xardineiros, e tamén na extracción mecánica dos sedimentos que se atopan no tramo, rematando co traslado do material retirado a un xestor autorizado. Os operarios encárganse de retirar a maleza do tramo, así como vexetación seca e posibles elementos obstructivos puntuais no mesmo, co fin de limpar todo o leito, mellorando o seu ancho e liberándoo deses restos vexetais, terras de arrastre e pedras, entre outros, que o obstruían e mermaban a súa capacidade hidráulica, tal e como indicou o edil.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal