Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PRAZO DE INSCRICIÓN NAS ACTIVIDADES PERMANENTES DA LUDOTECA MUNICIPAL DA SOLAINA ABRIRÁ MAÑÁ
A concelleira de Bibliotecas, Olga Ameneiro, recordou que poderán anotarse menores de entre 2 e 12 anos
Narón, 31 de agosto de 2023. A concelleira de Bibliotecas, Olga Ameneniro, anunciou a apertura, mañá, do prazo de matrícula para inscribirse no curso 2023-2024 da Ludoteca municipal da Solaina, ubicada no número 2 da rúa Cardenal Cisneros. A edil explicou que se ofertan un total de vinte prazas para menores de 3 a 6 anos; outras vinte para os de 7 a 12 e quince para os de dous anos. “Este espazo socioeducativo de socialización dos menores a través de xogos, xoguetes e libros é un recurso máis municipal de cara a facilitar a conciliación da vida familiar e laboral e tamén un espazo de ocio e aprendizaxe para os menores”, asegurou a concelleira. As quendas de inscrición –terán prioridade as usuarias e usuarios que se anoten a tempo completo- son: luns, mércores e venres de 16.00 a 19.00 horas; martes e xoves de 16.00 a 19.00 e luns e martes de 18.00 a 19.00 horas. As instalacións permanecen abertas todo o ano excepto o mes de agosto. As solicitudes de praza e matrícula deben realizarse na propia ludoteca de luns a venres en horario de 13.00 a 14.00 horas ata o 8 de setembro e de 19.00 a 20.00 a partir do día 11. As persoas que desexen máis información poden desprazarse ao centro os citados días e horarios ou contactar a través do correo electrónico: ludoteca@naron.es, no teléfono 981 389 284 ou no Facebook (Ludoteca municipal de Narón).

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal