Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PRAZO DE SOLICITUDE DE BONIFICACIÓN DE TAXAS POR RECOLLIDA DE REFUGALLOS, REDE DE SUMIDOIROS E SUBMINISTRO DE AUGA ABRIRASE MAÑÁ
As solicitudes poderán presentarse do 1 ao 20 de setembro, ambos incluídos
Narón, 31 de agosto de 2023. As solicitudes para a bonificación das taxas de recollida de refugallos, rede de sumidoiros e subministro de auga potable para o ano 2023 poderán presentarse dende mañá día 1 ata o 20 de setembro deste ano. As instancias poden tramitarse a través da Sede Electrónica do Concello de Narón, no Rexistro Municipal do Concello –neste último caso, de luns a venres, entre as 8.30 e as 13.00 horas- ou por calquera dos outros medios previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Os impresos a cumprimentar e a información sobre estas bonificacións poden solicitarse no Rexistro municipal ou no Servizo Sociocomunitario Municipal, no segundo andar do Consistorio, donde tamén se ofrecerá información sobre os beneficiarios e beneficiarias destas bonificacións. As persoas que teñan concedida a bonificación do último ano e se atopen nas mesmas circunstancias que se tiveron en conta para a citada concesión non é preciso que a soliciten de novo.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal