Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ENTREGOU CREDENCIAIS Á ASCM PARA REALIZAR A RUTA A SANTO ANDRÉ DE TEIXIDO
A concelleira de Turismo, Natalia Hermida, desexoulles un bo camiño no inicio da ruta, xunto ao mosteiro de San Martiño de Xuvia, no Couto
Narón, 9 de setembro de 2023. Persoas con diversidade funcional da Asociación Cultural ASCM e chegadas doutros puntos do país iniciaron o pasado luns o Camiño a Santo André de Teixido, unha ruta de peregrinación milenaria que ten o seu inicio en Narón, nas inmediacións do mosteiro de San Martiño de Xuvia (O Couto) e percorre tamén os municipios de Cedeira e Valdoviño. A concelleira de Turismo, Natalia Hermida, recibiu ao colectivo no punto de inicio, no citado cenobio, declarado Ben de Interese Cultural (BIC) para desexarlles bo camiño. A edil naronesa entregoulles tamén trípticos da ruta do Camiño Vello a Santo André ao seu paso de Narón, nos que se inclúen códigos QR con audioguías que se poden escoitar en tres idiomas –galego, castelán e inglés- e ademais recursos turísticos de interese ao seu paso por Narón. Natalia Hermida deulles tamén a credencial para selar ao longo dos tres concellos polos que discurre o Camiño a Santo André e coa que acreditarán que realizaron esta ruta de peregrinación. A maiores, a concelleira ofreceulles exemplares da guía “Narón para os teus ollos”, na que se resumen os recursos turísticos de Narón e se recolle información sobre festas populares e gastronómicas, eventos culturais, festivais, feiras… “A Asociación Cultural ASCM acadou un reto moi importante, visibilizando con esta acción a importancia de que os recursos turísticos teñan sempre un enfoque de accesibilidade que paulatinamente entre as administracións e entidades se vai acadando. Somos conscientes de que queda traballo por facer neste eido e por iso continuamos avanzando nesta liña, promocionando neste caso unha ruta a un santuario de peregrinación en Galicia por excelencia, o de Santo André de Teixido, un lugar máxico”, destacou Hermida.

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal