Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ESCOLA DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ DE NARÓN ORGANIZA UNHA XORNADA DE CONVIVENCIA E APRENDIZAXE SOBRE A DINAMIZACIÓN DO RURAL
A concelleira de Participación Cidadá, Olga Ameneiro, avanzou que a convocatoria será o día 27 deste mes no local social do Val
Narón, 21 de setembro de 2023. A Escola de Participación Cidadá de Narón retoma a actividade coa proposta “Tecer comunidade aquí e agora”, unha xornada de convivencia e aprendizaxe na que os participantes reflexionarán colectivamente sobre como traballar por unha dinamización comunitaria dende e para o rural. A convocatoria, tal e como explicou a concelleira de Participación Cidadá, Olga Ameneiro, terá lugar o 27 de setembro entre as 17.00 e as 20.00 horas, está aberta á cidadanía en xeral, e terá lugar nas instalacións do local social do Val. Na convocatoria participarán representantes de catro entidades, a Fundación Terra de Trasancos, do Val; Outonía Cooperativa (Laboratorio mutante para a ecoloxía e saberes), das comarcas de Valdeorras e Terra de Trives; a Asociación Ambiental Senda Nova (Outono en marcha), das comarcas de Bergantiños e Terra de Soneira, e o Colectivo Agrocuir (Festival Agrocuir da Ulloa), de Monterroso. As persoas que acudan coñecerán unha gran variedade de proxectos impulsados a través das catro entidades, que teñen en común a súa aposta pola dinamización do territorio galego. Os retos e potencialidades das iniciativas comunitarias na zona rural serán obxecto de reflexión tanto entre os poñentes como entre o público que asista ao evento. A iniciativa ten ademais entre os seus obxectivos potenciar a dinamización nas parroquias de Narón. A edil recordou que este mes de setembro retomouse tamén a atención presencial da Escola de Participación os xoves de 10.00 a 14.00 horas na Casa da Cultura.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal