Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PADROADO DA CULTURA AMPLÍA O PRAZO DE MATRÍCULA NAS ESCOLAS CULTURAIS MUNICIPAIS
As matrículas poderán formalizarse ata o vindeiro 3 de novembro no caso de existir vacantes na modalidade elixida
Narón, 25 de setembro de 2023. As persoas interesadas en matricularse nas Escolas Culturais Municipais poden facelo, no caso de que queden vacantes na modalidade elixida, dende hoxe ata o vindeiro 3 de novembro. O período para anotarse rematou inicialmente o pasado venres, tal e como se recordou dende o Padroado da Cultura. As matrículas pódense formalizar nas oficinas do Pazo da Cultura, de luns a venres en horario de 9.00 a 13.30 e de 17.00 a 19.00 e os sábados de 10.00 a 13.00, podendo solicitar máis información ao respecto chamando ao número de teléfono 981 391 144 (extensión 2806) ou a través do correo electrónico: mc.blanco@naron.gal. Dende o Padroado ofrécense diversas modalidades nas Escolas Tradicionais: Danza tradicional, Canto e pandeireta (a partir de 5 anos); Gaita, Acordeón e Percusión tradicional (a partir de 6 anos); Zanfona (dende os 8 anos); Construción de instrumentos (a partir de 16 anos) e, para os nenos e nenas de menor idade, de 3 e 4 anos, está O Recuncho dos Pequechos. Outra das opcións a elixir son as Escolas Artísticas: Teatro (a partir de 4 anos) e Debuxo (a partir de 6 anos) e dende a Escola de Formación de Actores e Actrices (a partir de 16 anos), segundo e terceiro e o Practicum e tamén se ofrecen clases de Bailes de salón (a partir de 4 anos). O prazo de devolución de matrículas para os casos de incompatibilidades por horarios será do 9 ata o 31 de outubro deste ano, en horario de 9.00 a 13.30.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal