Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO VALARÁ ESTE VENRES A ZONA DE ESTACIONAMENTO DO ESTADIO DE RÍO SECO PARA REALIZAR OBRAS DE AGLOMERADO
O edil de Obras, Pablo Mauriz, indicou que se habilitará un espazo alternativo para aparcar na rúa Lagoa Alcaián mentres estea operativo o peche
Narón, 27 de setembro de 2023. O Concello procederá a valar este venres, día 29, a zona do estacionamento de vehículos das instalacións deportivas de Río Seco para realizar tarefas de aglomerado. Así o indicou o concelleiro de Obras, Pablo Mauriz, que informou que o peche estará operativo dende este venres ás 9.00 horas ata que rematen as tarefas proxectadas e se permita de novo o acceso de vehículos. Co fin de habilitar un novo espazo para o estacionamento, procederase a cortar ao tráfico rodado un dos carrís da rúa Lagoa Alcaián, que quedará temporalmente –nese mesmo período- con sentido único de circulación dende o estadio ata o polígono das Lagoas, quedando habilitado como zona de aparcamento o marxe dereito. O edil de Obras solicitou de antemán desculpas polas posibles molestias que poida ocasionar esta medida, precisa para mellorar a zona de estacionamento do estadio municipal de Río Seco.

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal