Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A TRIXÉSIMA EDICIÓN DO CICLO "TEMPO DE MÚSICA" COMEZA MAÑÁ NO LOCAL SOCIAL DO COUTO
As actuacións programadas comezarán ás 18.00 horas e a entrada é de balde
Narón, 30 de setembro de 2023. O Padroado da Cultura de Narón e a Asociación de Veciños do Couto organizan unha nova edición, a trixésima, do ciclo “Tempo de música”. Dende mañá, día 1, ata o 29 de outubro, desenvolveranse cada domingo actuacións musicais, con entrada de balde, no local social da Picota, no Couto. As diferentes agrupacións actuarán a partir das 18.00 horas. A Deputación da Coruña e a Federación Coral Galega colaboran nesta convocatoria. A primeira. cita, mañá, correrá a cargo da Xove Banda de Narón, da Asociación Cultural Musical Sementeira. O día 8 de outubro actuará a Coral Polifónica de Chantada (Lugo) e os integrantes da agrupación músico-vogal “Alegre Intermezzo”, de Pontedeume. Na xornada do día 15 será o turno da rondalla “Estrelecer”, do Círculo Mercantil Industrial Unidade de Fene (Fene) e da Rondalla de Cariño e o día 22 actuará a coral polifónica Santa María de Cambre. Esta edición do ciclo rematará o día 29 de outubro, coa actuación de “Culpables”, de Neda e da coral “Amistad”, da Asociación de Veciños do Couto. Dende a organización anímase aos veciños e veciñas de Narón e doutros concellos a presenciar as actuacións programadas para o mes de outubro, nas que poderán gozar unha xornada máis da calidade musical das diferentes agrupacións que acudirán ao evento.

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal