Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO INICIA MAÑÁ OP ROXECTO "TARDES EN ESPAZO XOVE" NA CASA DA MOCIDADE
O concelleiro de Mocidade, Ibán Santalla, explicou que a proposta desenvolverase os venres e sábados ata finais de decembro
Narón, 5 de outubro de 2023. O concelleiro de Mocidade, Ibán Santalla, deu a coñecer esta mañá o proxecto “Tardes en Espazo xove”, que se iniciará mañá na Casa da Mocidade, na Gándara, e que se dirixe a menores de entre 12 e 16 anos da cidade. “Dende mañá e ata finais de decembro levaremos a cabo esta proposta, con numerosas iniciativas de ocio para que a mocidade poida desfrutar delas no seu tempo libre”, apuntou Santalla. O edil avanzou que neste espazo de socialización funcionarán cada venres e sábado, de 17.30 a 20.30 horas, dende esta fin de semana ata finais de decembro –excepto os días 8 e 9 de decembro- catro espazos diferenciados: Gaming Space,unha zona de viodeoxogos; Zona cero, de xogos cooperativos (futbolín, dardos e xogos de mesa); O poder dos libros, de lectura xuvenil e Crearte, un espazo creativo de debuxo e pintura. Cada, día, tal e como indicou, desenvolveranse tamén obradoiros sobre decorado da Casa da Mocidade, mandalas, customización de roupa e gorras, arte contra a violencia de xénero, xabóns artesanais, fotografía dixital… As rapazas e rapaces que desexen asistir non terán que inscribirse previamente, senón que poderán participar neste proxecto municipal achegándose á Casa da Mocidade nos días indicados. “A mocidade de Narón plantexounos as súas inquedanzas nos espazos de participación e a través deste proxecto, enfocado ás súas inquedanzas, gustos e afeccións, cremos que se atenderá unha necesidade que tiñamos na cidade nesta área, cunha oferta de lecer dirixida a un colectivo moi específico”, asegurou Santalla. O concelleiro animou ás mozas e mozos de Narón a acudir a estas convocatorias “co fin de desfrutar dun tempo de ocio e fomentar as relacións entre iguais”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal