Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CENTRO MUNICIPAL IRMÁS FROILAZ, REFERENTE A NIVEL COMARCAL NA FORMACIÓN PARA PERSOAS DESEMPREGADAS
A concelleira de Formación, Natalia Hermida, destacou os investimentos municipais realizados nas instalacións para acadar as novas homologacións
Narón, 5 de outubro de 2023. As instalacións do Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, acollerán o vindeiro ano un total de sete novos cursos AFD (Accións Formativas para persoas Desempregadas) con certificado de profesionalidade. Estas accións, sumadas ao Programa Municipal de Formación, cunha previsión de cara ao ano que vén de 17 cursos, converten ao Concello de Narón no único cun Centro municipal de formación que se convirte así nun referente comarcal para a formación das persoas desempregadas co obxectivo de mellorar a súa inserción laboral. A concelleira responsable da área de Formación, Natalia Hermida, avanzou que se impartirán os cursos AFD de: Atención sociosanitaria a persoas dependentes (468 horas); Soldadura con electrodo revestido e TIG (758 horas); Soldadura Oxigás e soldadura MIG/MAG (678 horas); Traballos de carpintería e moble (378 horas); Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (468 horas); Emprego doméstico (218 horas) e Xestión de residuos urbanos e industriais (408 horas). A edil naronesa explicou que cada unha destas accións formativas, dirixidas a persoas desempregadas, conta con 15 prazas e recalcou que as persoas interesadas en participar nos mesmos deben anotarse na Oficina de Emprego que lles corresponda -indicando o código do curso elixido- que derivará ao alumnado a cada unha destas accións formativas. En cada unha delas inclúense módulos transversais de inserción laboral, sensibilización medioambiental e na Igualdade de xénero e de formación para a Igualdade, se ben no caso dos de soldadura e carpintería tamén se impartirá un básico de prevención de riscos laborais. “Acadamos o obxectivo que nos propoñiamos dende o goberno municipal cando apostamos firmemente por investir no Centro de Formación Municipal tanto en mellorar a infraestrutura como o equipamento das diferentes aulas e talleres, necesarios para acadar estas novas homologacións, destacando o realizado no taller de soldadura e tamén que o centro municipal Irmás Froilaz é o único da provincia da Coruña con homologación en xestión de residuos urbanos e industriais”, recalcou Natalia Hermida.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal