Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRIRÁ O LUNS O PRAZO PARA SOLICITAR OS VALES PARA COMPRAR AGASALLOS DE NADAL DIRIXIDOS A MENORES DE FAMILIAS VULNERABLES
A concelleira de Benestar Social, María Lorenzo, informou da publicación, hoxe, do anuncio no Boletín Oficial da Provincia
Narón, 6 de outubro de 2023. A partir do vindeiro luns, 9 de outubro, permanecerá aberto no Concello, durante dez días hábiles (contados dende esa data) o prazo para solicitar as axudas convocadas para a adquisición de agasallos de Nadal destinadas ás familias máis vulnerables da cidade, contribuindo así ao fomento da igualdade dos nenos e nenas pertencentes a familias máis vulnerables. Así o anunciou a concelleira de Benestar Social, María Lorenzo, trala publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de hoy. Poderán solicitar as axudas todas as familias empadroadas en Narón con fillos ou fillas menores que a 31 de decembro de 2023 teñan unha idade comprendida entre 0 e 16 anos. As solicitudes en modelo oficial facilitado polo Concello, poderanse presentar xunto coa documentación correspondente no Rexistro xeral do Concello, na Sede electrónica do Concello de Narón ou en calquera outro medio previsto no art. 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo das Administracións Públicas. As bases reguladoras do procedemento poden consultarse ao completo no Boletín Oficial da Provincia de hoxe venres: https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2023/10/06/2023_0000007839.pdf.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal