Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA RECIBIU ONTE NO MUÍÑO DE XUVIA AO XURADO DO CERTAME "VILAS EN FLOR"
Marián Ferreiro estivo acompañada na visita polo edil de Medio Abiente, Manuel Ramos, persoal técnico e da empresa do servizo de xardinería
Narón, 7 de outubro de 2023. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, recibiu onte ao dous integrantes do xurado do certame Vilas en flor, Silvia Caffaro, doutora enxeñeira agrónoma na empresa Viveiros Florgalicia SL e Xosé Lois Arenas, enxeñeiro técnico agrícola e docente no CFEA de Guísamo. O edil de Medio Ambiente, Manuel Ramos, persoal técnico municipal e da empresa do servizo de xardinería municipal participaron tamén na recepción realizada no muíño de Xuvia e no percorrido realizado por espazos verdes da zona urbana. Os representantes do xurado chegaron ás 16.00 horas ao muíño de Xuvia, donde tiveron a oportunidade de ver uns vídeos sobre a cidade, a rehabilitación do propio muíño e a construción da senda peonil e ciclista que enlaza os paseos de Xuvia e Freixeiro. Alí atenderon tamén as explicacións da rexedora local sobre o traballo realizado nos últimos anos na mellora de espazos verdes e xestión sostible e do persoal técnico municipal e a empresa de xardinería. Unha vez rematada a visita desprazáronse ás inmediacións do muíño de Xuvia, percorrendo un tramo do inicio da ruta dos muíños e ao magnolio centenario de Xuvia, para continuar polo paseo ata as inmediacións do muíño das Aceas. Xa no tramo comprendido entre a nova senda peonil e ciclista dirxíronse tamén cara ao parque Freixeiro, visitando así os espazos verdes máis concurridos da zona urbana da cidade. Nas vindeiras semanas os integrantes do xurado valorarán o traballo realizado nos últimos meses na cidade para mellorar a xestión dos citados espazos verdes. En base a esa valoración outorgarán os galardóns, as coñecidas “Flores de Honra”, un máximo de cinco por concello, recoñecendo tamén o labor desenvolvido en xestión sostible, mellora e potenciación dos espazos verdes urbáns, educación ambiental e concienciación cidadá no coidado e respecto do medio ambiente. A alcaldesa, Marián Ferreiro, destacou “a importancia de recuperar o noso patrimonio e apostar cada vez máis por habilitar espazos verdes e destinados ás persoas, fomentando unha mobilidade sostible a través de políticas de sostibilidade ambiental”. Preto de corenta concellos galegos, deles quince da provincia da Coruña, inscribíronse este ano na convocatoria, unha iniciativa da Fundación Juana de Vega, a Asociación de Viversitas del Noroeste (Asvinor) e a Asociación Galega de Empresas de Xardinería (Agaexar) para promover a mellora e posta en valor dos espazos verdes en Galicia. A finais do outono, nunha data aínda por determinar, outorgaranse os galardóns deste certame.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal