Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PROGRAMA GUIZO CONVOCA PARA ESTE SÁBADO UN OBRADOIRO DE SAQUIÑOS DE OLORES
A concelleira de Política Social, María Lorenzo, anunciou a apertura, hoxe, do prazo de inscrición na primeira actividade
Narón, 16 de outubro de 2023. A concelleira de Política Lingüística, María Lorenzo, anunciou a apertura do prazo de inscrición na primeira das tres novas propostas do programa municipal “Guizo”, encamiñado a mellorar a socialización en galego de menores. No último trimestre do ano, tal e como avanzou, desenvolveranse tres propostas, unha por mes, para as que se poden anotar -nos prazos que se indicarán- as persoas interesadas a través do correo electrónico: a.pita@naron.gal. Nese mail deben solicitar a adhesión á actividade e facilitar o nome, apelidos e idade do neno ou nena, o nome e apelidos do pai/nai ou titor, un correo electrónico e un teléfono de contacto. As actividades levaranse a cabo no centro cívico social do Couto e diríxense a menores de entre 6 e 12 anos e as súas familias, podendo participar un total de 15 menores (que irán acompañados dunha persoa adulta). A primeira das propostas será este sábado, e consistirá nun obradoiro de “Saquiños de olores”. A iniciativa desenvolverase de 11.00 a 12.30 horas. Na actividade as familias escollerán os seus olores favoritos de plantas como a menta, rosa, canela, lavanda… para realizar un percorrido sensorial por todos eles e a través do que tamén coñecerán as propiedades de cada unha destas plantas. O día 18 de novembro, de 11.00 a 12.00 horas, celebrarase a proposta “Sementando futuro”, a través da que empregarán materiais de refugallo achegados polos asistentes e sementes autóctonas para aprender os pasos correctos para crear e manter un viveiro propio con especies autóctonas. Finalmente, o 16 de decembro, de 11.00 a 12.30 horas, terá lugar “”O gran xogo da reciclaxe”, no que as familias aprenderán a reciclar e reducir residuos, diminuíndo o gasto enerxético nos fogares e coñecendo a importancia da biodiversidade. Fomentar a creatividade das nenas e nenos, facer que valoren a importancia de coidar a natureza e a adquisición de coñecementos para trasladar á súa vida cotiá vivindo experiencias divertidas e emocionantes en galego forman parte dos obxectivos que persegue o programa “Guizo”. Para consultar máis información sobre as actividades programadas dende o Servizo de Normalización Lingüística de Narón pódese consultar a web: www.naronengalego.gal (no apartado de actividades).

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal