Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA RECIBIU NO CONCELLO A ALUMNADO DO CPR JORGE JUAN
Marián Ferreiro reuniuse cos escolares no salón de plenos, no marco do programa de visitas de coñecemento do Concello
Narón, 3 de novembro de 2023. A alcaldesa, Marián Ferreiro, recibiu hoxe no salón de plenos a escolares de sexto de educación Infantil do CPR Jorge Juan, no marco do programa de visitas de coñecemento da administración local impulsado para o colectivo. A desta mañá foi a primeira das visitas programadas para o último trimestre do ano, estando concertadas un total de sete. Este mes tamén se desprazarán ao Consistorio alumnas e alumnos dos colexios Ponte de Xuvia, A Solaina, dos CRA de Sedes e Domirón e do CEIP A Gándara. Ao encontro asistiu tamén a concelleira de Ensino, Olga Ameneiro. “Uns 150 escolares realizarán actividades didácticas e visitarán diferentes dependencias do Concello para finalmente realizar unha posta en común da visita”, explicou Ferreiro. As nenas e nenos utilizan o xogo como ferramenta de aprendizaxe e permanecen aproximadamente hora e media no interior do Consistorio. Á súa chegada os escolares son recibidos na planta baixa, onde respostan a unha serie de preguntas interactivas sobre o lugar no que se atopan. A continuación, no propio Consistorio participan en novas sesións de preguntas sobre que é e que se fai nun Concello e tamén se coñecen a contorna da cidade para iniciar unha serie de xogos. Posteriormente os escolares diríxense ao salón de plenos, onde os recibe a alcaldesa e teñen a oportunidade de realizarlle as preguntas que consideran oportunas. Unha vez nesa ubicación tamén reciben información sobre que é un salón de plenos, que se fai alí, os símbolos… Rematado o encontro coa rexedora local o grupo realiza unha foto de recordo nun photocall preparado para a ocasión e regresa de novo á sala de prensa, onde coñecen o seu funcionamento, realizan un puzle xigante sobre Narón e, posteriormente, visitan as dependencias da Policía Local, onde tamén reciben información e realizan preguntas aos axentes do equipo de Educación Viaria de Narón. Finalizada esta visita, os escolares regresan de novo ás súas aulas. As vindeiras visitas deste mes serán os días 10, con escolares do CEIP Ponte de Xuvia; o 13, cos do CEIP A Solaina; o 17 con outro grupo do CEIP A Solaina; o 21 cun grupo do CRA de Sedes e outro do CRA de Domirón; e o 24 e o 28 con escolares do CEIP A Gándara.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal