Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PRETO DE 80 PERSOAS ACUDIRON AO EXAME PARA CUBRIR CATRO PRAZAS DE BOMBEIROS NO SPEIS DE NARÓN
O edil de Persoal, Pablo Mauriz, destacou as melloras en persoal e instalacións previstas no citado servizo municipal
Narón, 4 de novembro de 2023. O pavillón polideportivo Campo da Serra acolleu o pasado martes o exame convocado polo Concello para cubrir un total de catro prazas de bombeiro-condutor, do grupo C1, correspondentes á Oferta Pública de Emprego deste ano e mediante o sistema de oposición en quenda libre. O concelleiro de Persoal, Pablo Mauriz, indicou que se presentaron á convocatoria un total de 79 aspirantes. A fase de oposición iniciada esta semana consta dun primeiro exercicio sobre coñecementos teóricos, un segundo de probas físicas, outro de destreza no manexo de ferramentas e útiles, un cuarto de proba de condución dun vehículo do servizo, unha proba psicotécnica e outra de lingua e coñecemento da lingua galega, tal e como se recolle nas bases da convocatoria. As persoas que superen o proceso selectivo serán nomeadas funcionarias/os en prácticas, debendo superar posteriormente un curso de formación dun máximo de tres meses de duración para poder ser nomeadas/os funcionarias/os de carreira. Finalizado o proceso para a cobertura das catro prazas ofertadas como funcionaria/o de carreira, os aspirantes que superen o proceso selectivo pero non teñan praza poderán ser propostos polo tribunal para realizar o curso de formación teórico-práctico para poder ser nomeados funcionarios/as de carreira- Así mesmo, formarase unha lista de agarda aos efectos de chamamento en postos interinos cos opositores/as que superen integramente o proceso selectivo e os que sen superalo totalmente aprobasen o primeiro exame da oposición e as dúas primeiras probas do segundo. Mauriz recordou que actualmente o plantel do Corpo de bombeiros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Narón (SPEIS) está integrado por un seis xefes, catorce bombeiros, dous oficiais e un inspector. A nova convocatoria “permitirá reforzar o servizo de bombeiros, tal e como nos comprometemos dende o goberno local”. O edil naronés destacou que “a este incremento no plantel súmanse as melloras que o vindeiro ano se acometerán para ampliar as instalacións do SPEIS no polígono de Río do Pozo, ás que o Concello destinará unha partida duns 650.000 euros”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal