Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRIRÁ MAÑÁ O PRAZO PARA SOLICITAR A INSTALACIÓN DE POSTOS NO "XIV MERCADO DE SEGUNDA MAN"
A concelleira de Feiras e Mercados, Mar Gómez, indicou que se habilitarán un máximo de 70 postos no recinto feiral do Trece, que acollerá o evento o 17 de decembro
Narón, 5 de novembro de 2023. O Concello abrirá mañá luns o prazo para solicitar a instalación de postos no “XIV Mercado de Segunda Man” que se celebrará o vindeiro 17 de decembro no recinto feiral do Trece, na parroquia de Sedes. Así o anunciou a concelleira de Feiras e Mercados, Mar Gómez, que recalcou que está prohibida a venda de artesanía, animais, produtos alimenticios ou bebidas, dirixíndose ademais a convocatoria exclusivamente a particulares maiores de idade, non a comerciantes nin vendedores ambulantes. A inscrición é de balde e habilitaranse un total de 70 postos, que se outorgarán por orde de inscrición. A edil naronesa indicou que as solicitudes poderán formalizarse ata o 24 de novembro ás 13:30 horas. Os postos permanecerán abertos en horario de mañá e tarde, de 10:30 a 14:00 e dende as 16:00 ata as 19:00. A montaxe dos postos poderase realizar o sábado 16 de decembro de 18:00 a 22:00 horas ou o propio domingo 17 entre as 8:00 e as 10:00 horas. As solicitudes dos postos deben formalizarse a través do Rexistro do Concello, de 8:30 a 13:30 horas; a través da Sede Electrónica de Narón ou en calquera dos lugares ou rexistros establecidos nos artigos 14.1 e 16.4 da Lei 39/2015, do 1 d eoutubro, do Procedemento administrativo común das administracións públicas, utilizando o formulario dispoñible na Sede Electrónica de Narón. Entre o 27 de novembro e o 1 de decembro comunicarase telefónicamente a concesión dos postos ás persoas adxudicatarias dos mesmos, se ben tamén se publicará un listado na páxina web do Concello de Narón, coas persoas admitidas e suplentes. A concelleira de Feiras indiciu en que o titular de cada posto debe comprometerse a entregar, como mínimo, catro quilos de alimentos non percedoiros ou produtos de limpeza, que se depositarán no propio recinto o día do mercado, para entregar ao Centro de Recursos Solidarios de Narón. As persoas que desexen máis información poden chamar ao número de teléfono 981 337 700 (extensión 1502).

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal