Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A BIBLIOTECA ABRIRÁ MAÑÁ O PRAZO DE INSCRICIÓN NA ACTIVIDADE LÚDICA "DESMONTANDO O CONCELLO DE NARÓN"
A concelleira de Bibliotecas, Olga Ameneiro, informou que a actividade se levará a cabo o 11 de novembro na Biblioteca
Narón, 6 de novembro de 2023. A Biblioteca abrirá mañá o prazo de inscrición na actividade “Desmontando o Concello de Narón”, unha proposta lúdica dirixida a menores a partir de catro anos e que se inclúe no marco de actividades programadas con motivo do Día de Narón, que se conmemorará o vindeiro 23 de novembro. A cita dará comezo ás 11.00 horas na Biblioteca municipal e as persoas interesadas en participar poden anotarse dende mañá ás 16:00 horas de xeito presencial nas citadas instalacións ou chamando ao número de teléfono 981 382 173 no horario de apertura. As nenas e nenos que desexen participar poderán desfrutar dunha actividade na que descubrirán as características do concello naronés, coñecendo parte da súa historia e tamén a división xeográfica do Concello, tal e como explicou a concelleira de Bibliotecas, Olga Ameneiro. Os menores poñerán a proba os coñecementos adquiridos realizando un xogo de pistas na sala infantil da Biblioteca, onde atoparán as pezas coas que formar o crebacabezas de Narón. Para poder participar é preciso que as nenas e nenos teñan o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendientes, tal e como recordou a concelleira da área. A edil naronesa animou ás familias de Narón a participar nesta convocatoria, “didáctica e ao mesmo tempo lúdica, para coñecer máis polo miúdo a cidade e parte da súa historia”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal