Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO APROBOU NO PLENO ABONAR A FERROL 1,2 MILLÓNS DE EUROS POLOS GASTOS DO SERVIZO DE DEPURACIÓN
O importe correspóndese cos gastos efectivos comprendidos entre xaneiro e decembro do pasado ano
Narón, 16 de novembro de 2023. O Concello acolleu esta mañá, ás 9:30 horas, un pleno extraordinario no que se aprobou abonar ao veciño Concello de Ferrol os gastos efectivos do servizo de depuración correspondentes ao ano 2022. Os edís de Terra Galega e BNG votaron a favor do punto, se ben tanto os do PP como os do PSOE se abstiveron. O Consistorio naronés aboará unha partida de 1,2 millóns de euros no citado concepto. O voceiro de Terra Galega e edil de Facenda, Román Romero, recordou que se informou aos grupos da oposición da tramitación do expediente. Así mesmo, o edil indicou que xa se solicitou unha reunión co actual equipo de goberno de Ferrol “para poder tratar este e outros temas vencellados ás dúas cidades”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal