Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRIRÁ O LUNS O PRAZO PARA SOLICITAR ALGÚN DOS NOVE POSTOS DISPOÑIBLES NO MERCADO DE NADAL
As persoas interesadas poderán solicitalo ata o vindeiro 4 de decembro a través dun correo electrónico, tal y como indicó la edil de Ferias y Mercados, Mar Gómez
Narón, 17 de novembro de 2023. O Concello instalará do 22 de decembro ao 5 de xaneiro na Praza da Gándara un Mercado de Nadal, tal e como avanzou a edil de Feiras e Mercados, Mar Gómez. Co fin de ocupar os postos que se habilitarán o vindeiro luns día 20 abrirá o prazo para anotarse, que pechará o luns 4 de decembro ás 13.00 horas. As persoas con licencia de venda comercial e que vendan produtos artesáns, agasallos, artículos de decoración de Nadal… interesadas en instalarse nalgún dos postos deben escribir un correo electrónico á dirección me.mendez@naron.gal, indicando o seu nome e apelidos, os produtos que desexa vender, un teléfono de contacto e un correo electrónico para realizar a tramitación. Os postos adxudicaranse por orde de solicitude e terán preferencia á hora da adxudicación as veciñas e veciños de Narón. Os postos permanecerán operativos nas datas indicadas –agás os días 25 de decembro e 1 de xaneiro- en horario de 17.00 a 20.00 horas, tal e como se avanzou dende o Concello.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal