Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ALUMNADO DO CEIP A SOLAINA REUNIUSE HOXE COA ALCALDESA NO SALÓN DE PLENOS
Marián Ferreiro recibiu ás nenas e nenos do centro e conversou con eles sobre o propio colexio e a cidade en xeral
Narón, 17 de novembro de 2023. Un grupo de vinte e un nenas e nenos do colexio da Solaina desprazouse hoxe, acompañado polas súas mestras, ata o Concello para participar no programa de visitas de coñecemento da administración local. Á súa chegada ao salón de plenos, tal e como é habitual neste programa, viron o vídeo “Nara da Narón”, onde se lles explica a estrutura do Concello e un pouco da historia da cidade, e a continuación recibiunos a alcaldesa, Marián Ferreiro. A rexedora local respostou a todas as preguntas que lle formularon os menores, sobre o seu centro en particular e a cidade en xeral. As nenas e nenos, dende os espazos que habitualmente ocupan as concelleiras e concelleiros da corporación local conversaron coa alcaldesa durante un tempo para posteriormente continuar realizando as actividades incluídas neste programa municipal. Antes de despedirse, Ferreiro entregoulles uns agasallos institucionais como recordo da súa visita ao Concello. Durante a súa estadía no Consistorio os escolares realizaron un crebacabezas, visitaron as instalacións da Policía Local e participaron noutras actividades. As vindeiras visitas deste mes serán o día 21 cun grupo do CRA de Sedes e outro do CRA de Domirón; e o 24 e o 28 con escolares do CEIP A Gándara.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal