Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ÚLTIMOS DÍAS PARA INSCRIBIRSE NA "MARCHA POLA IGUALDADE CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO"
A concelleira de Igualdade, María Lorenzo, recordou que a convocatoria se desenvolverá o día 25 deste mes, Día Internacional contra a violencia de xénero
Narón, 20 de novembro de 2023. As persoas interesadas en asistir este sábado, día 25, á “Marcha pola Igualdade contra a violencia de xénero” deben anotarse ata este mércores, día 22, incluído, a través do correo electrónico: p.deportes@naron.gal. Así o recordou a edil de Igualdade, María Lorenzo, que explicou que a través dese mail deben indicar o nome e apelidos da persoa que acudirá, o seu DNI, a data de nacemento e o xénero, así como informar se teñen algunha discapacidade co fin de que se planifiquen os apoios persoais necesarios, no caso de que fosen oportunos. A “Marcha pola Igualdade contra a violencia de xénero” será ás 17:00 horas, momento no que as persoas que acudan sairán do parque do río Freixeiro cara ao quilómetro 100 do Camiño Inglés, no paseo marítimo de Xuvia. En total, coincidindo co Día Internacional contra a Violencia de xénero, percorrerán un tramo duns cinco quilómetros. Dende o Concello animouse ás veciñas e veciños a unirse a esta iniciativa, para amosar unha vez máis a total repulsa e rexeitamento á violencia de xénero.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal