Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NOS CURSOS "LIBREOFFICE BASE" E "DESEÑO WEB" CONVOCADOS DENDE A PLATAFORMA CEMIT
O concelleiro de Novas Tecnoloxías, Román Romero, indicou que se impartirán do 1 ao 21 de decembro na Aula Cemit de Xuvia
Narón, 20 de novembro de 2023. O concelleiro de Novas Tecnoloxías, Román Romero, informou que está aberto o prazo de inscrición en dous novos cursos convocados a través da plataforma Cemit. “LibreOffice Base” e unha acción formativa de nivel básico de “Deseño web”. Cada un disporá dun total de 12 prazas e impartiranse, tal e como avanzou o edil naronés, do 1 ao 21 de decembro na Aula Cemit de Xuvia. O curso de ofimática “LibreOffice Base” será en quenda de mañá, de luns a venres entre as 9:30 e as 13:30 horas e as persoas interesadas en inscribirse poden facelo a través do enlace: https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/44298. En canto á outra proposta, o curso de nivel básico de “Deseño web” sobre capacitación avanzada en ferramentas TIC para a creación de páxinas web, as clases serán en quenda de tarde, de 16:00 a 20:00 horas, e as inscricións poden tramitarse a través do enlace: https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/44299.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal