Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA E OS EDÍS DO GRUPO DE GOBERNO PARTICIPARON HOXE NA SESIÓN PARTICIPATIVA DA AXENDA URBANA 2030 DE NARÓN
A cidadanía pode tamén participar no proceso a través da plataforma municipal "Narón Participa" ou dunha urna ubicada na planta de acceso ao Concello
Narón, 4 de decembro de 2023. O Concello de Narón continúa avanzando no deseño dunha Estratexia Territorial Integrada (EDTI) da cidade no marco da Axenda Urbana Española do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, que se concretará posteriormente cun Plan de Acción Local. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e os edís do grupo de goberno acudiron esta mañá a unha das convocatorias da segunda fase, de participación dos axentes implicados, que consistíu nunha sesión participativa. O Concello acolleu o pasado venres, día 1, unha sesión informativa co comité responsable e outra de carácter participativo dirixida a persoal técnico dos diferentes departamentos municipais. O vindeiro 21 de decembro está programada unha nova sesión participativa, neste caso cos axentes económicos –asociacións empresariais, comerciantes, cooperativas…, que se convocarán nos vindeiros días- e un cos integrantes do Consello Xeral de Participación Cidadá. Na convocatoria abordarase unha fase de priorización de obxectivos e liñas de actuación para, de seguido, abordar o retorno, coñecendo os diferentes proxectos para Narón. Con esta convocatoria pechará o proceso de participación na Axenda Urbana 2030 de Narón, no que dende hai uns días pode participar tamén a cidadanía xeral a través da plataforma municipal “Narón Participa”. A cidadanía pode aínda, ata o 15 deste mes incluído, presentar as súas achegas de modo dixital, no enlace: https://www.naronparticipa.es/es/naron/proposals/project/1804?tab=stages, onde poderán cubrir un formulario, e tamén a través dunha urna instalada na planta baixa do Concello. O vindeiro mes de xaneiro de 2024 dará comezo o período de retorno de resultados do proceso de participación, que valorará previamente persoal técnico municipal. A través do Plan de Acción Local, no marco da Axenda Urbana Española, os concellos terán máis posibilidades para obter financiamento europeo a través do Marco Financieiro Plurianual 2021-2027 nos vindeiros anos.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal