Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA REUNIUSE CON DIRECTIVOS DA NOVA ASOCIACIÓN DE HOSTALERÍA DE NARÓN E FERROLTERRA
Marián Ferreiro e a edil de Promoción Económica, Olga Ameneiro, mantiveron unha primeira xuntanza con María del Mar Blanco e Pachi Ferreiro, presidenta e secretario, respectivamente, da entidade
Narón 11 de xaneiro de 2024. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e a edil de Promoción Económica, Olga Ameneiro, reuníronse esta mañá con María del Mar Blanco e Pachi Ferreiro, presidenta e secretario, respectivamente, da Asociación de hostalería de Narón e Ferrolterra. Preto de medio centenar de empresas forman xa parte desta nova asociación, vicepresidida por Francisco José Paz e da que é tesoureiro Diego Abad. A rexedora local valorou moi positivamente o feito de que se constitúa oficialmente esta entidade, destacando o amplo abano de posibilidades que se abrirá para poder traballar conxuntamente co colectivo. O obxectivo da súa creación é, tal e como manifestaron os representantes da directiva, “ter un sector máis unido e ofrecer accións como por exemplo os cursos de formación e plans de formación individuais para as empresas”. Mar Blanco e Pachi Ferreiro trasladáronlle á rexedora local algunhas das iniciativas que se plantexan a medio e longo prazo e amosaron a súa dispoñibilidade a traballar conxuntamente co Concello. Pola súa banda, a alcaldesa comprometeu o respaldo do Consistorio de cara á materialización dalgunhas iniciativas encamiñadas a dinamizar o sector hostaleiro da cidade. “O feito de contar cunha asociación de hostalería facilita tamén moito o noso traballo co sector, no sentido de que temos aí un colectivo organizado ao que poder realizar consultas sobre cuestións que lles afecten directamente”, recalcou. Os representantes da directiva animaron aos empresarios e empresarias de hostalería de Narón e da comarca de Ferrolterra a asociarse á nova entidade ou contactar con ela para interesarse polo seu traballo. As persoas interesadas en facelo poden contactar a través do número de teléfono 699 344 016.

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal