Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ACOLLERÁ O VINDEIRO LUNS O PLENO DE SORTEO DOS MEMBROS DAS MESAS NAS ELECCIÓNS AUTONÓMICAS
A convocatoria levarase a cabo ás 9:15 horas no salón de plenos do Consistorio
Narón, 16 de xaneiro de 2024. O Concello acollerá o vindeiro luns, día 22, ás 9:15 horas a sesión plenaria na que se procederá a sortear os membros das Mesas para as eleccións ás vindeiras eleccións ao Parlamento de Galicia, convocadas para o 18 de febreiro. En total haberá instaladas na zona urbana e rural corenta e sete mesas, que contarán con presidentes, vogais e dous suplentes de cada un destes cargos. O sorteo realizarase mediante un procedemento informático e as persoas que resulten seleccionadas recibirán nos vindeiros días unha notificación no seu domicilio. No caso de non poder acudir será preciso comunicalo e xustificalo ante a Xunta Electoral de Zona –no Xulgado de Ferrol- nun prazo de sete días hábiles (dende a recepción da comunicación).

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal