Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNHA UNIDADE MÓBIL PARA A DOAZÓN DE SANGUE ESTARÁ ESTE XOVES NA CIDADE
O vehículo permanecerá estacionado na rúa Pintor Sotomaior, nas inmediacións da praza da Gándara
Narón, 16 de xaneiro de 2024. Unha unidade móbil da Axencia para a Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desprazarase este xoves, día 18, á cidade. A unidade estará operativa nas inmediacións da praza da Gándara, na rúa Pintor Sotomaior, dende as 9:30 ata as 14: 30 e pola tarde de 15:30 a 21:00 horas, tal e como anunciaron dende ADOS. Antes da doazón é preciso almorzar e no caso de xantar, deberán agardar dúas horas para realizar a extracción. Antes de doar haberá que presentar ao persoal da unidade móbil a tarxeta de doazón, o DNI ou algún documento similar e informar no caso de que se estea tomando algún medicamento. Poden acudir a doar as persoas maiores de 18 anos e que pesen máis de 50 quilos. Para solicitar máis información sobre a campaña pódese chamar –de balde- ao número de teléfono 900 100 828.

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal