Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ALGO MÁIS DE 250 ESCOLARES DA CIDADE PARTICIPAN NA QUINTA EDICIÓN DAS OLIMPÍADAS ESCOLARES DE SEGURIDADE VIARIA
O concelleiro de Seguridade Cidadá, José Oreona, valorou a implicación dos centros de ensino que participan na convocatoria
Narón, 17 de xaneiro de 2024. A quinta edición das Olimpíadas Escolares de Seguridade viaria comezou esta semana en oito centros de ensino da cidade. Así o anunciou o concelleiro de Seguridade Viaria, José Oreona, que valorou o feito de que un total de 255 alumnas e alumnos de quinto curso de educación Primaria estean participando este ano na convocatoria. A Confederación Nacional de Autoescuelas colabora de novo nesta acción, na que se implicaron os colexios Ponte de Xuvia, Jorge Juan, Ayala, Virxe do Mar, A Solaina, O Feal, A Gándara, e Piñeiros. A convocatoria consta de tres fases, unha teórica na que se abordan cinco áreas: educación viaria, medio ambiente e contaminación, primeiros auxilios, matemáticas aplicadas ao programa de Educación viaria e inglés. Esta fase desenvolverase entre este mes e o de marzo e unha vez finalizada os titores de cada grupo seleccionarán entre o alumnado a seis menores por centro para representar na final ao seu centro. A segunda das fases, a práctica, consistirá nunha xincana con bicicletas, na que as nenas e nenos realizarán un circuíto cunha serie de normas a cumprir e que serán evaluadas por un tribunal para asignar a puntuación correspondente. Este ano, como novidade, tamén farán esta proba un profesor ou profesora de cada centro, contabilizando o tempo de execución como o do resto do alumnado. O resultado final será a media da aula ou aulas e sumarase ao cuestionario da fase final. Por último, o 21 de marzo ás 10:00 horas terá lugar no Pazo da Cultura a fase final, na que a través da plataforma Kahoot os escolares, por centros, respostarán a un cuestionario de 30 preguntas tipo test con sobre as cinco materias extraídas do temario. Os finalistas serán os que obteñan unha maior puntuación sumando os tempos do cuestionario final e da xincana. Ao remate do acto entregaranse tres premios, para os tres grupos de colexios clasificados con máis puntos. O edil de Seguridade Cidadá agradeceu aos centros a súa participación e implicación nesta convocatoria, na que os escolares “reciben unha formación moi útil para o seu día a día, abordando unha serie de contidos da man de profesionais en diferentes materias”.

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal