Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ALUMNADO DO IES TERRA DFE TRASANCOS E DO CPR SANTIAGO APÓSTOL PARTICIPOU HOXE NUNHA XORNADA DE FORMACIÓN EN HABILIDADES COMUNICATIVAS
A edil de Política Lingüística, María Lorenzo, recordou que o Concello de Narón é un dos que participa no proxecto Club de Debate, no que se enmarca esta iniciativa
Narón, 19 de xaneiro de 2024. Alumnado de ESO do IES Terra de Trasancos e do CPR Santiago Apóstol de Narón asistiu hoxe xunto con alumnado do IES Canido, do IES Concepción Arenal e do IES Saturnino Montojo de Ferrol, á xornada de formación en habilidades comunicativas e oratoria realizada no Centro Cultural Torrente Ballester. Esta xornada de formación, tal e como indicou a edil de Política Lingüística, María Lorenzo, enmárcase dentro do proxecto Club de Debate, un programa cooperativo no que participan varios concellos galegos, entre eles Narón, que promove e valora o uso oral do galego, o espírito crítico, a tolerancia e o traballo en equipo na mocidade. A convocatoria diríxese ao alumnado de 3º e 4º de ESO e 1º de Bacharelato, ou cursos equivalentes dos ciclos formativos, dos concellos participantes e a rapazada que se anime a debater neste certame deberá agudizar o enxeño para buscar todas as argumentacións posibles para reforzar as ideas, o que tamén facilita a capacidade de análise e de interpretación da realidade e sempre coa axuda do profesorado que prepara os equipos. Neste certame, que se desenvolverá en Santa Comba a finais de febreiro, e que terá a súa fase final no Val do Dubra o 13 de abril, participarán un total de 22 equipos. Estes equipos repartiranse nas tres xornadas de debates da fase clasificatoria, que se levarán a cabo no concello de Santa Comba os días 27, 28 e 29 de febreiro. Os dous equipos mellor clasificados en cada xornada participarán nesa fase final en Val do Dubra. Os concellos promotores desta actividade nesta edición son Pontevedra, Ames, Carballo, Ferrol, Narón, Rois, Santa Comba, Santiago de Compostela, Teo e Val do Dubra.

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal