Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CELEBRADO O PLENO EXTRAORDINARIO PARA DESIGNAR AOS PRESIDENTES E VOGAIS DAS MESAS ELECTORAIS DO 18 DE FEBREIRO
O salón de plenos acolleu a sesión plenaria ás 9:15 horas e as persoas seleccionadas recibirán nos vindeiros días a notificación no seu domicilio
Narón, 22 de xaneiro de 2024. O Concello acolleu hoxe, ás 9:15 horas, a sesión plenaria con carácter extraordinario para designar aos integrantes das corenta e sete mesas electorais que se habilitarán no municipio –presidentes, vogais e dous suplentes de cada cargo- de cara ás eleccións autonómicas que se celebrarán o vindeiro 18 de febreiro. O sorteo realizouse mediante un procedemento informático e as persoas seleccionadas no mesmo recibirán nos vindeiros días unha notificación no seu domicilio. De non poder acudir á mesa ese día será preciso comunicalo e xustificalo ante a Xunta Electoral de Zona –no Xulgado de Ferrol- nun prazo de sete días hábiles (dende a recepción da comunicación).

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal