Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA ASISTIU AO SCREENING REALIZADO NA BIBLIOTECA A MULLERES SOCIAS DE ÁUREGA
Marián Ferreiro reiterou o compromiso do goberno local con Áurega, entidade que traballa con persoas con altas capacidades
Narón, 28 de xaneiro de 2024. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, desprazouse na xornada de onte á Biblioteca municipal para asistir ao screening realizado no centro pola asociación Áurega e o Centro de acompañamento Ayalga, pilar fundamental en España no estudo das altas capacidades intelectuais. Algo máis de medio centenar de nais e fillas socias de Áurega, cun varón de alta capacidade participaron nesta convocatoria. Os posibles cambios na vida dunha persoa de saber que ten alta capacidade, o feito de cambiar ou non a educación das fillas sabendo que teñen alta capacidade… foron algunhas das cuestións abordadas na convocatoria polos integrantes de Áurega e do centro Ayalga, “establecendo nos seus obxectivos de traballo de campo sobresaír á muller con alta capacidade, oculta polo sistema escolar e social”, tal e como indicaron. Dende a organización explicaron ademáis que ”fixar o talento nas distintas comunidades autónomas, definir políticas de recaptación deste talento, presionar ao sistema escolar, instalar evaluacións sistemáticas nos centros e dotar de ferramentas de avaliacións actualizadas e formación continua aos equipos de orientación e profesorado” forman parte dos seus reclamos. A finalidade, recalcaron, é acadar un benestar emocional para os nenos e nenas e as súas familias. A rexedora local, que destacou o traballo que realiza a asociación Áurega, acudiu ao peche da xornada de onte e aproveitou a visita para reiterarlle aos representantes da entidade o compromiso do goberno local coas altas capacidades. Este compromiso inclúe dende o Concello un convenio de colaboración económica coa entidade, en vigor dende hai varios anos. O Auditorio municipal de Narón acollerá o vindeiro 9 de febreiro o acto de presentación do screening realizado na Biblioteca municipal.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal