Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ACOLLE UNHA EXPOSICIÓN ITINERANTE COS TRABALLOS REALIZADOS NO DÍA DOS DEREITOS HUMANOS
A concelleira de Benestar Social, María Lorenzo, indicou que a mostra ofrecerase ás entidades participantes e levarase tamén a outras instalacións municipais
Narón, 29 de xaneiro de 2024. O mural realizado por diferentes entidades sociais o pasado ano con motivo do Día dos Dereitos Humanos pode verse no acceso ao Concello. A concelleira de Benestar Social e Igualdade, María Lorenzo, animou á veciñanza a acudir a ver esta mostra, que se ofrecerá tamén ás entidades participantes e se levará a outras instalacións municipais nos vindeiros meses. A edil naronesa agradeceu novamente a colaboración das asociacións Affinor, Cogami, Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra, Aspanaes, Alcer, ASCM, Aspaneps, Teima Down Ferrol e Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal e tamén de Nuestra Señora de Chamorro e do CAD Souto de Leixa, que fixeron posible este traballo. “Temos que continuar divulgando o importante traballo que realizan as asociacións e apoiándoas co fin de lograr esa tan necesaria Igualdade plena na nosa sociedade, e dende Narón nesa liña continuaremos avanzando”, recalcou María Lorenzo.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal