Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNS 300 ESTUDANTES DA ESO ASISTIRÁN ENTRE FEBREIRO E ABRIL AOS OBRADOIROS DE REGUEIFAS CONVOCADOS POLO CONCELLO
A edil de Política Lingüística, María Lorenzo, destacou a acollida desta actividade, que ten entre os seus obxectivos fomentar o uso da lingua galega
Narón, 30 de xaneiro de 2024. Uns 300 alumnas e alumnos de catro centros de ensino da cidade participarán nos obradoiros de regueifas organizados a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón. A edil responsable do citado servizo, María Lorenzo, explicou que se trata dunha acción formativa que busca familiarizar ao alumnado ao que se dirixe coa regueifa, un xénero de improvisación oral do patrimonio cultural galego que atrae a mocidade polo enxeño e a creatividade que implica e, ao mesmo tempo, fomenta o uso da lingua galega. Dende o Concello ofrecéronse estes obradoiros a alumnado de ESO de centros educativos da cidade. A regueifeira Guadalupe Blanco será a encargada de impartilos, entre os meses de febreiro e abril, nos institutos das Telleiras e Terra de Trasancos, no CPI do Feal e no CPR Jorge Juan. A edil naronesa avanzou que a primeira sesión se celebrará o vindeiro venres, día 2 de febreiro, no CEP do Feal, onde o alumnado traballará coa regueifeira contidos como a estrifa, a rima, a tonada, o verso, a musicalidade… todas elas características da poesía, e tamén a arte da improvisación e da retranca, propias deste estilo. Nesta primeira convocatoria participarán 60 alumnas e alumnos de terceiro curso da ESO, en horario de 12:30 a 14:10. Os obradoiros de regueifas impartiranse tamén en febreiro no IES Terra de Trasancos, o día 16 con alumnado de segundo e cuarto da ESO e o 22 e o 23 no CPR Jorge Juan, con alumnado de primeiro a cuarto da ESO. As dúas últimas sesións programadas desenvolveranse no mes de abril no IES As Telleiras, os días 8 e 15, con estudantes de terceiro curso da ESO.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal