Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A "XVIII MOSTRA DA CAMELIA CIDADE DE NARÓN" DESENVOLVERASE O 10 E 11 DE FEBREIRO
A concelleira de Turismo, Natalia Hermida, presentou o evento xunto con Eusebio López e Manuel Cruz, vicepresidente e tesoureiro, respectivamente, da Asociación Galega da Camelia
Narón, 31 de xaneiro de 2024. A edil de Turismo, Natalia Hermida, o vicepresidente e o tesoureiro da Asociación Galega da Camelia, Eusebio López e Manuel Cruz, respectivamente, presentaron esta mañá no Concello a décimo oitava edición da Mostra da Camelia Cidade de Narón. O evento desenvolverase os días 10 e 11 de febreiro nas instalacións do Centro Comercial Odeón e a programación inclúe ademais o “XIV Concurso de flor de camelia Cidade de Narón”. Na actualidade permanece aberto o prazo de inscrición -ata o 8 de febreiro-, tanto para instalar un expositor con camelias como para participar no concurso, debendo contactar coa asociación a través do mail: asociaciongalegadacamelia@gmail.com ou do número de teléfono 660 599 700. O programa da primeira xornada comezará coa apertura e montaxe da mostra o sábado 10 ás 9.00 horas, e a partir das 13.00 un xurado especializado calificará os lotes concursantes do certame de flor de camelia. A convocatoria retomarase pola tarde, a partir das 17.30 horas, momento no que coincidindo coa apertura ao público da Mostra se procederá a entregar os premios do citado certame. Haberá premios á Mellor Camelia japónica, á Mellor Camelia reticulada, á Mellor especie de camelia, ó Mellor híbrido de Camelia, á Mellor flor miniatura, ó Mellor cultivador-expositor e á Mellor composición artística colectiva. A mostra poderase visitar o sábado ata as 22:00 horas. Na xornada do domingo 11 a exposición reabrirá ás 10.00 e poderá visitarse ata as 18.00 horas. Nesta última xornada a programación inclúe unha visita a unha colección de camelias, este ano nunha finca particular localizada no concello de Fene, prevista para as 10.30 horas. As persoas que queiran acudir, tal e como indicou Eusebio López, deberán anotarse chamando ao teléfono 660 599 700. O grupo sairá o domingo a esa hora da porta principal do Centro Comercial Odeón, na Gándara, para dirixirse ata a citada ubicación, tal e como indicaron. Dende a Asociación Galega da Camelia agradeceron a colaboración do Concello, da Deputación da Coruña, do Centro Comercial Odeón e da Sociedade Española da Camelia para poder organizar este evento. Pola súa banda, a edil de Turismo destacou “o labor que desenvolve a Asociación Galega da Camelia, que nos permite manter na cidade un evento tan importante como esta mostra, á que cada ano se achegan centos de persoas e, como non, de cultivadores e cultivadoras desta especie, aos que tamén quero agradecer de antemán a súa implicación no evento”. Finalmente, dende a organización animouse á cidadanía a visitar esta exposición para desfrutar vendo os centos de variedades de camelia que cada ano se amosan, chegados de diferentes puntos de Galicia.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal