Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A BIBLIOTECA ACOLLERÁ A VINDEIRA SEMANA A PRESENTACIÓN DO PROXECTO "MASTERPIECE", DE PINTUZAPOS
A concelleira de Bibliotecas, Olga Ameneiro, animou á cidadanía a acudir á presentación do robot co que menores de 10 a 13 anos se presentan á First Lego League
Narón, 31 de xaneiro de 2024. O robot co que o grupo Pintuzapos participará este ano na First Lego League presentarase o vindeiro 10 de febreiro na planta soto da Biblioteca municipal. Así o avanzou a concelleira de Bibliotecas, Olga Ameneiro, indicando que a cidadanía interesada en experimentar con este proxecto pode facelo nesa xornada entre as 11:00 e as 12:30 horas. A competición da First Lego League de Galicia celebrarase o vindeiro 2 de marzo no veciño municipio de Ferrol. Alí se presentará o proxecto “Masterpiece”, realizado por Pintuzapos, un grupo de nenas e nenos de entre 10 e 13 anos de diferentes concellos da zona. O seu proxecto, tal e como indicaron, permite ás persoas visitantes interactuar cunha serie de robots e instrumentos tecnolóxicos para poder crear pequenas obras de arte. A maioría dos menores participarán por primeira vez este ano na First Lego League. Esta competición de robótica e innovación fomenta as vocacións científico-tecnolóxicas entre as nenas e nenos de 4 a 16 anos. A relación entre arte e tecnoloxía é a temática deste ano, ofrecendo un novo desafío aos equipos participantes. “A Biblioteca será ese día o escenario perfecto para fusionar a tecnoloxía, a innovación e o arte, da man dun grupo de menores que contan con todo o noso apoio para competir na First Lego League, onde lles desexamos o maior dos éxitos posibles”, asegurou Olga Ameneiro.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal