Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ÚLTIMOS DÍAS PARA INSCRIBIRSE NO CURSO DE "SOLDADURA OXIGÁS E SOLDADURA MIG/MAG"
A concelleira de Formación, Natalia Hermida, indicou que o curso, de 678 horas, se desenvolverá entre os meses de febreiro e setembro deste ano
Narón, 2 de febreiro de 2024. As persoas que desexen realizar a acción formativa –con certificado de profesionalidade nivel 2, de formación cualificada completa- de “Soldadura oxigás e soldadura MIG/MAG” deben inscribirse a través da web de emprego da Xunta de Galicia. Esta acción formativa, tal e como recordou a concelleira de Formación, Natalia Hermida, diríxese a persoas desempregadas que para poder realizala deben ter a titulación de ESO, Competencias clave nivel 2, FP en primeiro grao e/ou outras titulacións académicas ou certificados. O vindeiro 14 de febreiro terá lugar o proceso selectivo, sendo preciso estar previamente inscrito. O trámite pode realizarse no enlace: https://emprego.xunta.es/diplos/curso?accion=2023/005110-01 (co código 2023/005110-01) ou de xeito presencial acudindo á Oficina de emprego ubicada na Praza Camilo José Cela, no edificio administrativo da Xunta en Ferrol. As clases terán unha duración de de 678 horas e impartiranse do 22 de febreiro ao 12 de setembro deste ano, en horario de tarde (de 15:00 a 20:00), no Centro municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara. Interpretación de planos de soldadura, procesos de corte e preparación de bordos, soldadura oxigás, soldadura MAG de estruturas de aceiro ao carbono, soldadura MIG de aceiro inoxidable e aluminio e soldadura con arame tubular forman parte do programa formativo deste curso. A maiores, o alumnado realizará módulos transversais: un básico de Prevención de Riscos Laborais, outro de Inserción laboral, sensibilización medioambiental e na Igualdade de xénero e outro de formación para a Igualdade. No apartado de prácticas realizarán 40 horas de soldadura oxigás e soldadura MIG/MAG. As persoas interesadas en recibir máis información poden chamar ao número de teléfono 981 337 700 (extensións 1123 ou 2602).

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal