Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
OS BOMBEIROS DO SPEIS CELEBRARÁN MAÑÁ O SEU PATRÓN CUN PASARRÚAS POLA ZONA URBANA DA CIDADE
Os profesionais do servizo partirán sobre as 10:30 horas do parque de bombeiros de Río do Pozo, tal e como indicou o edil José Oreona
Narón, 7 de marzo de 2024. Os profesionais do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento (SPEIS) de Narón celebrarán mañá o patrón dos bombeiros, San Xoán de Deus, cun pasarrúas por algunhas das vías do centro da cidade. Así o avanzou o concelleiro responsable da área, José Oreona, que explicou que sairán con algúns dos vehículos do parque do SPEIS do Río do Pozo sobre as 10:30 horas. O percorrido marcouse para que poidan achegarse ata os centros de ensino da cidade, polo que estarán nas inmediacións dos do Feal, Virxe do Mar, Ayala, A Solaina, Santiago Apóstol, A Gándara, Domirón, Piñeiros, Jorge Juan e o Ponte de Xuvia.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal