Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CENTRO MANUELA PÉRES SEQUEIROS ACOLLERÁ A VINDEIRA SEMANA UNHA CHARLA SOBRE SERVIZOS FINANCIEIROS E BANCARIOS
O Concello de Narón colabora na iniciativa, impulsada a través do Instituto Galego de Consumo e da Competencia, tal e como apuntou a edil de Promoción Económica, Olga Ameneiro
Narón, 8 de marzo de 2024. O Centro municipal de Maiores Manuela Pérez Sequeiros acollerá este mes e o vindeiro un total de catro charlas impulsadas a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia. A edil de Promoción Económica, Olga Ameneiro, indicou que a primeira das convocatorias terá lugar o vindeiro martes, 12 de marzo, ás 17:00 horas e abordará o tema de servizos financieiros e bancarios, contas de pago básicas, tarxetas… A edil naronesa explicou que a asistencia a estas convocatorias é libre, ata completar a capacidade da sala. Nesta primeira sesión “daranse nocións sobre os diferentes medios de pago, falarase dos créditos ao consumo, das tarxetas revolving, dos riscos de sobreendebedamento así como das comisións bancarias, dos diferentes tipos de contas e das principais problemáticas que se dan en relación cos servizos financieiros que pode contratar a cidadanía, informando dos seus dereitos e das ferramentas existentes para reclamalos”, tal e como indicaron dende a organización da mesma. A seguinte convocatoria, sobre dereitos básicos das persoas consumidoras, no que se explicarán procedementos como as reclamacións, entre outros, será o 26 deste mes. Así mesmo, tal e como se apuntou, o 2 de abril haberá unha nova sesión, sobre servizos no fogar, luz, gas… e o día 9 será a última, sobre consumo responsable e decisións de compra: prezos, etiquetado… En todos estes casos as charlas tamén se desenvolverán dende as 17:00 ata as 18:00 horas. O Concello de Narón colabora nesta iniciativa, impulsada a través da Xunta de Galicia no marco da campaña informativa Infoconsumo, que ten entre os seus obxectivos, como indicaron, “achegar aos veciños e veciñas información e asesoramento en materia de consumo naqueles temas considerados de maior interese”. A celebración das sesións programadas en Narón este mes coincide coa semana na que se conmemora o Día dos Dereitos das Persoas Consumidoras e Usuarias. Dende as administracións tanto autonómica como local realízase un chamamento á cidadanía para que acuda a estas convocatorias, agardando que sexan do seu interese.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal