Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A CONFERENCIA "A MULLER E AS ALTAS CAPACIDADES" ABORDOU A IMPORTANCIA DE DESENVOLVER O TALENTO
A alcaldesa, Marián Ferreiro, acudiu á convocatoria xunto coa edil de Ensino, Olga Ameneiro
Narón, 9 de marzo de 2024. O Auditorio municipal acolleu esta mañá a conferencia “A muller e as altas capacidades”, organizada pola asociación Áurega en colaboración co Concello de Narón. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e a edil de Ensino, Olga Ameneiro, participaron na convocatoria, na que se presentaron e analizaron os resultados dun screening realizado a finais do pasado mes de xaneiro con 60 mulleres e nenas de Narón. Entre os datos desprendidos do mesmo informouse que, segundo as respostas do traballo, 36 mulleres de 48 tiñan dúbidas de se eran persoas con altas capacidades. José Luis Pérez e Félix Ruíz, do centro Ayalga, foron os poñentes que se encargaron de abordar este tema ao longo da mañá. “Estamos dende hai anos nunha reformulación da alca capacidade, de aí a importancia de moitas variables”, aseguraron, incidindo na existencia de tres elementos que non poñemos en valor: asumir riscos, enfrontarse aos contratempos e a persistencia nos bos e malos momentos”. Tres asuntos considerados, explicaron, unhas variables psicosociais moi importantes no desenvolvemento do talento. “Primeiro hai que crer que temos altas capacidades”, recalcaron, para a continuación explicar que “nacemos cunhas capacidades que hai que desenvolver, non nacemos talentosos”. Aínda nacendo con esas capacidades, aseguraron “a veces non se chega a destacar nunca, porque o importante é o proceso de desenvolvemento, os catalizadores”. Así mesmo, apuntaron que “nacemos con capacidades que traballamos e podemos a chegar ser persoas talentosas”. Ao longo da conferencia presentaron tamén resultados de estudos internacionais nos que se apuntaba que “o obxectivo da educación para os nenos de alta capacidade debe ser aportarlles habilidades, coñecemento e oportunidade para desenvolver o potencial ata o nivel que queiran”. Abordáronse tamén temas como a autonomía, a autoaceptqación, os propósitos na vida, as relacións positivas con outras persoas, o dominio do entorno e o crecemento persoal, entre outros temas.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal