Narón, 10 de Novembro de 2010.- O Alcalde de Naron, Jose Manuel Blanco, e o presidente da Fundacion Terra de Trasancos, Manuel Dopico, firmaron hoxe un convenio de colaboracion mediante o cal o Concello achega un total de 15.000 euros para o desenvolvemento das actividades do programa de maiores, promovido por esta fundacion nas suas instalacions de O Val.
O acordo tamen permitira establecer unha colaboracion para o desenvolvemento de diversas actividades sociais e culturais, de interese publico.
Ademais da achega economica –que sera aboada en dous prazos- o Concello prestara os seus recursos humans, mediante o traballo dun tecnico en xestion de servizos, unha educadora social, unha traballadora social , unha avogada e un administrativo.
A cambio, a Fundacion Terra de Trasancos cedera as suas infraestructuras e locais para o apoio dos programas municipais.