Os beneficiarios son AFAES, TEIMA, AFAL, e Secretariado Xitano.
Narón, 12 de Maio de 2011.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, asinou hoxe catro convenios de colaboración coas entidades AFAL, AFAES, TEIMA e a Fundación Secretariado Xitano por importe conxunto de 35.000 euros. O rexedor explicou ós presidentes destas entidades, presentes na firma dos acordos con vixencia durante o ano 2011, que o Concello de Narón mantén a “vontade de seguir colaborando coas entidades, a pesares de que a crise económica actual obrigounos a reaxustar as cantidades. En canto podamos saír desta situación, ampliaremos de novo as achegas”; declarou o Alcalde.
Os convenios asinados hoxe suman en total 35.000 euros, repartidos do seguinte xeito:
-Asociación AFAES Portanova: 4.000 euros
-Asociación TEIMA: 8.000 euros
-AFAL: 3.000 euros
-Secretariado Xitano: 20.000 euros