ACTO DE ENTREGA DE DIPLOMAS DOS CURSOS MUNICIPAIS DE FORMACIÓN PARA DESEMPREGADOS 'HABILITA 2014'
Este mes de setembro abrirase o prazo de inscrición para a 2ª edición do programa Habilita 2014.
Narón, 19 de Setembro de 2014.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a Concelleira de Formación Laboral e Emprego, Mª del Mar Gómez, entregaron hoxe os diplomas do programa “Habilita 2014” financiado integramente con fondos municipais, e dirixido a veciños/as de Narón en situación de desemprego. A maioría dos alumnos realizaron varios cursos deste programa.
En total, foron entregados máis de 100 diplomas correspondentes a 10 cursos de formación, que son os seguintes:
-Prevención de riscos e saúde laboral (60 horas de formación). 15 diplomas.
-Hixiene alimentaria para manipulador de alimentos en Hostelería e comercio/alimentación (6 horas). 28 diplomas.
-Iniciación ás vendas e atención ó público (20 horas). 9 diplomas.
-“Cómo iniciar un proxecto de negocio” (30 horas). 6 diplomas.
-Comercio electrónico (50 horas). 11 diplomas.
-Destrezas básicas de camareiro de bar-cafetería e restaurante (40 horas). 7 diplomas.
-Mellora da empregabilidade (20 horas). 4 diplomas.
-Iniciación ó cultivo baixo abrigo (20 horas). 12 diplomas.
-Iniciación á maquinaria agroforestal manual e lixeira (10 horas). 8 diplomas.
-Destrezas básicas de construción: alicatados e canalización de auga potable e augas residuais (50 horas). 7 diplomas.
Dentro deste programa de formación tamén están incluídos tres cursos sobre informática (Iniciación, Procesador de textos, e Folla de Cálculo) cun total de 28 alumnos/as que recollerán o diploma o vindeiro luns 22 de setembro.
A Concelleira de Formación Laboral e Emprego felicitou ós alumnos por ter concluído con éxito estes cursos, e alentoulles a continuar formándose para ter máis posibilidades de atopar un emprego. O Alcalde de Narón, pola súa banda, avanzou que próximamente terá lugar a segunda edición do programa “Habilita 2014”, cuxo prazo de inscrición estará aberto do 29 de setembro ó 4 de outubro. Ofertaranse tres cursos de formación: Prevención de riscos laborais, Hixiene alimentaria para manipuladores de alimentos, e Aerografía.