A unidade municipal suma así un total de 37 efectivos.
Narón, 25 de Maio de 2015.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, ven de presidir a toma de posesión como funcionarios de carreira, dos tres novos axentes da Policía Local de Narón.
Os policías superaron a oposición no ano 2012, e logo de completar con éxito o curso teórico-práctico na Academia Galega de Seguridade Pública (A Estrada), incorpóranse á plantilla, que suma así 37 axentes municipais.
Os novos axentes son Roberto Grandal Teijeiro, Martín Vilariño López e Aitor Hermida Santiago.
Na súa toma de posesión estiveron presentes o Secretario Xeral do Concello de Narón, Alfonso de Prado, o Xefe da Policía Local de Narón, Eduardo Pita, e o Concelleiro de Seguridade Cidadá, Guillermo Sánchez Fojo.