Os concelleiros e funcionarios municipais ensaiaron o plan de emerxencia interior do edificio consistorial, ante unha hipotética emerxencia.
Narón, 29 de Xaneiro de 2010.- O edificio do Concello de Narón acolleu onte entorno ás 14:00 horas un simulacro de evacuación, protagonizado polo persoal e concelleiros que nesos intres estaban presentes na Casa Consistorial. Tratábase dun ensaio do plan de autoprotección que estase a elaborar por parte do Concello, para que en caso de emerxencia, as persoas presentes saiban cómo desaloxar o inmoble da forma máis segura e rápida posible.
No simulacro participaron membros do Corpo de Bombeiros de Ferrol, a Policía Local de Narón, Policía Nacional, e Protección Civil.