Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NUNHA "XORNADA FORMATIVA APÍCOLA" QUE TERÁ LUGAR ESTE SÁBADO EN SEDES
As persoas interesadas en participar na convocatoria poden anotarse a través do correo electrónico: dagaferrol@hotmail.com
Narón, 15 de xuño de 2022. O Centro Cívico Social de Sedes acollerá o vindeiro sábado, día 18, unha Xornada formativa apícola organizada polo Concello e a delegación en Ferrolterra da Asociación Galega de Apicultura, en colaboración coa Asociación de Veciños Rosa dos Ventos, da citada parroquia. A convocatoria dará comezo ás 10.00 horas, cunha charla sobre “Reprodución do apiario e a importancia da renovación e selección de nais” e que incluirá, ata as 11.15 horas, a presentación do libro “Reprodución apícola”, do profesional do ámbito da Educación social e da Enxeñería Técnica Agrícola Marcos Varela. A publicación, de 436 páxinas, amosa a súa experiencia como criador de raíñas e estará á venda no acto, co fin de recadar fondos para AGA. Así mesmo, entre as 11.30 e as 13.30 horas haberá unha charla-obradoiro sobre “Técnicas de control da vespa velutina”, impulsadas por apicultores e que reducen drasticamente a presenza desta especie, tal e como indican. Farase unha distinción entre as técnicas a empregar na primavera e as de verán. As persoas que desexen participar poden inscribirse a través do correo electrónico: dagaferrol@hotmail.com.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal