A OBRA "CATRO" DE CARAMUXO TEATRO REABRE ESTE DOMINGO A PROGRAMACIÓN DO ÚLTIMO CUADRIMESTRE DO ANO NO PAZO DA CULTURA
A peza, moi visual e na que o son e o movemento están moi presentes, é a nova proposta da compañía para público familiar
Narón, 22 de setembro de 2022. O Pazo da Cultura retoma a súa programación este domingo cunha proposta dirixida a público familiar. A obra “Catro”, de Caramuxo Teatro e protagonizada por Laura Sarasola, poderá verse no Café Teatro do Pazo a partir das 18.00 horas. As persoas interesadas en asistir poden adquirir as entradas na web do Padroado da Cultura –www.padroadodecultura.es- ou no despacho de billetes do Pazo, a un prezo de 9,50 euros para o público xeral; de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e de 5,50 para menores de 12 anos.
A peza “Catro” é a nova proposta da compañía Caramuxo Teatro, unha obra visual na que as formas, as texturas, o son e o movemento están moi presentes durante o tempo da representación.