Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ACOLLEU A ENTREGA DE DIPLOMAS DUN CURSO DE "EXPERTO PROFESIONAL EN COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS DE PESCA E ACUICULTURA"
O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, entregou os diplomas a alumnas e alumnos que remataron a acción formativa
Narón, 16 de decembro de 2022. O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, entregou esta mañá no Concello os diplomas correspondentes ao curso “Diploma experto profesional da UNED en comercialización de produtos da pesca e acuicultura”. O edil naronés recordou que unha decena de persoas realizaron esta acción formativa –programada en colaboración coa UNED e Fedepesca- enmarcada nun proxecto impulsado a través do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca e da Consellería do Mar da Xunta de Galicia a través do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Norte. O curso constou dun total de 400 horas formativas en liña e o alumnado que rematou obtivo 16 créditos ECTS. As sesións, divididas en oito módulos, impartíronse no primeiro semestre deste ano. Pita recordou que a través desta convocatoria “tratamos de que o alumnado se especializase e actualizase os seus coñecementos sobre produtos relacionados coa pesca e a acuicultura na fase de comercialización”. Trala entrega dos diplomas o edil naronés felicitou aos alumnos e alumnas que remataron esta acción formativa e animounos a continuar formándose na materia e aplicar todos os coñecementos adquiridos.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal