Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ENTREGADOS ESTA MAÑÁ NO CONCELLO OS VALES SORTEADOS A TRAVÉS DA "CAMPAÑA NADAL COMERCIO DE NARÓN"
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Promoción Económica, David Pita, entregaron os últimos premios da campaña
Narón, 5 de xaneiro de 2023. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Promoción Económica, David Pita, entregaron hoxe xunto con Rocío Rodríguez e María Yáñez, presidenta e vogal, respectivamente, da Asociación de Comerciantes de Narón, os catro vales da “Campaña de Nadal Comercio de Narón”. Os vales de 600 euros foron para Dolores Mariño, veciña de Ferrol, e para Emilia Cagiao, de Narón, se ben os de 400 euros foron para as tamén naronesas Verónica Rañal e Otilia Miragalla. Ferreiro e Pita felicitaron ás gañadoras e agradecéronlles que apostasen polo comercio local para as súas compras. Así mesmo, destacaron o papel da Asociación de Comerciantes de Narón, que un ano máis colaborou co Concello nesta campaña. As persoas que gañaron estes vales realizaron as súas compras nos establecementos Pasapáxina, Din&Don, Mercería Lazos, Eternal, Franja, Calzados Mara, Eiranova e Alimentación Juana. Un total de 77 comercios da cidade adheríronse este ano á campaña, a través da que se aposta por fomentar as compras nos establecementos da localidade. Os premiados terán agora medio día –en horario de mañá ou tarde- para gastar os vales, que como mínimo deben canxearse en tres comercios que participaron na campaña. Os días nos que realizarán as compras, serán o 12 e o 13 de xaneiro, xornadas nas que os recollerá ás portas do Concello un vehículo de alta gama cunha persoa que os acompañará durante o percorrido ata esgotar o importe dos seus vales. A través desta mesma campaña, iniciada en decembro do pasado ano, tamén se entregaron catro cestas con produtos de Nadal e catro bonos nun hotel spa para dúas persoas cunha noite de aloxamento. Dende o Concello destacaron a elevada participación nesta campaña e animaron ás veciñas e veciños a continuar mercando no comercio local “cunha gran variedade de produtos e servizos de calidade e unha atención moi persoalizada”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal